Culleredo dotará de formación aos veciños para que poidan exercer os dereitos que lles corresponden como consumidores. A Concellaría de Sanidade xunto coa Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (ADICAE) organizan o taller "Reclamacións máis comúns en materia de consumo".
A actividade, que se enmarca no convenio de colaboración que o Concello ten con ADICAE desde o ano 2013, ten como finalidade a formación da cidadanía sobre como antuar en Consumo. No taller prevese abordar como realizar aquelas reclamacións máis comúns que son as vinculadas aos recibos da luz, teléfono, auga, e gas, e as vinculadas á utilización dos servizos sanitarios, axencias de viaxes, ou relacionadas con períodos de rebaixas, entre outras casuísticas.
A iniciativa terá lugar o xoves 20 de marzo no Pazo de Vila Melania ás 19:30 horas, e será impartida por Verónica Pazos, técnica de consumo da asociación. Ten un carácter aberto e gratuíto.
A concelleira de Sanidade, Penélope López, destaca o "grande interese" que está a suscitar entre os veciños este plan de actividades do Concello destinadas a proporcionar técnicas e ferramentas sobre o consumo. Hai tres semanas, o taller sobre a factura eléctrica logrou o cheo en Vila Melania.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER