Como consecuencia da convocatoria das Eleccións o Parlamento Europeo, de conformidade co establecido no artigo 39 da Lei orgánica 5/95 de 19 de xuño do réxime electoral xeral, ponse en coñecemento do público en xeral que nas oficinas municipais durante o prazo do 7 ao 14 de abril, ambos os dous incluídos, están expostas ao público as listas electorais.
Durante o citado prazo poderase presentar a reclamación respecto da súa inclusión ou exclusión no censo, nos lugares que se sinala:
1. Dependencias municipais situadas na Casa Consistorial, rúa do Concello, nº 12, Culleredo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, e de 9.00 a 13.00 horas o sábado.
2. Edificio de Servizos Múltiples, R/Ramón Cabanillas, nº 14, O Burgo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.
A reclamación a fará a persoa interesada, que deberá presentar o DNI.
Culleredo, 4 de abril de 2014.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER