O Concello de Culleredo proponse a eliminación das fochancas da rede viaria municipal. Co paso do tempo, algúns puntos dos firmes dos camiños e estradas propiedade do Concello fóronse deteriorando, polo que o goberno local decidiu encargar unha campaña de rebacheo que se estenderá a todas as parroquias do termo municipal.
Os traballos comezarán de forma inminente. Os puntos a mellorar foron trasladados polos propios veciños ao Concello ou foron detectados polos servizos municipais. Para acometer esta campaña contra as fochancas, o Concello destinará uns 30.000 euros das arcas municipais.
Os traballos consistirán na reparación de firmes. Nos casos de estradas que se inclúan nos próximos plans de obras municipais, o Concello efectuará arranxos nos puntos de maior necesidade, dado que a vía remodelarase en breve.
Neste sentido, o Concello de Culleredo levará a cabo en 2014 un amplo conxunto de obras de mellora nas vías municipais. O investimento superará os 400.000 euros.
Así, as actuacións de renovación do pavimento que realizará o Concello terán lugar en:
A estes proxectos únese o que acaba de completar o Concello na avenida Juan Carlos I, do Burgo, unha das de maior circulación do municipio.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER