O Concello de Culleredo saca a licitación a remodelación da avenida de Electo Carballo (AC-215), tras o convenio asinado coa Xunta de Galicia. Con esta actuación darase resposta á necesidade de incrementar a seguridade viaria para os veciños desta estrada, eminentemente urbana, que conecta O Portádego coa Corveira, é dicir, a Nacional 550 coa AC-211.
A actuación terá un orzamento de 240.000 euros e servirá para a dotación de beirarrúas e de servizos para os residentes. A obra consistirá na construción de beirarrúas na marxe dereita da estrada en sentido O Portádego, nunha lonxitude de 700 metros, unha demanda de veciños e goberno municipal para proporcionar aos peóns un espazo seguro.
As beirarrúas terán unha sección variable, cun mínimo de 1,50 metros, baixo a que se instalarán os tubos para os diferentes servizos.
O proxecto incluirá tamén a instalación de rede de recollida de pluviais, con sumidoiros cada 50 metros. Prevese ademais, como medida para reducir a velocidade dos vehículos, a creación de pasos de peóns elevados. Ademais, a avenida disporá de nova pavimentación e estreará paradas de autobús. Tamén se renovará a sinalización horizontal e vertical.
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, destaca a "necesidade" da actuación dada a elevada carga de tráfico que ten a avenida nunha contorna con gran número de equipamentos veciñais. "Resulta imprescindible converter a estrada nunha vía urbana que dá servizo a centros como un colexio, a sede de Policía Local, Garda Civil ou Protección Civil, ou o futuro centro de saúde, ademais de negocios comerciais e de hostalaría", indicou.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER