O taller para ensinar a reducir a factura da luz vivirá esta semana a súa terceira edición. Será no centro sociocultural de Almeiras, o xoves 5 de xuño ás 18.00 horas.
O Concello de Culleredo e a Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros (ADICAE) lograron unha gran afluencia de público nas edicións celebradas este ano en Vilaboa e Celas. Por iso, a Concellaría de Sanidade decidiu impulsar esta terceira vez e dar resposta así ao enorme interese suscitado entre os veciños.
Coa iniciativa, o Concello, consciente do esforzo económico que supón para os veciños facer fronte á factura de electricidade, propúxose apoiar aos cidadáns cunha iniciativa para que traten de reducir este importante gasto doméstico.
Baixo o título de "Coñece a túa factura eléctrica e aprende a reducila", ofrecerase orientación aos asistentes para reducir os seus gastos enerxéticos na vivenda, constituíndo unha medida máis de aforro doméstico.
A actividade, que se enmarca no convenio de colaboración que o Concello ten con ADICAE desde o ano 2013, ten como finalidade a prevención da denominada exclusión enerxética na que se poidan atopar familias cullerdenses.
O taller será impartido por Verónica Pazos, técnica de consumo da asociación. Ten un carácter aberto e gratuíto.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER