O Concello de Culleredo alertou á Xunta de Galicia dun grave problema de seguridade viaria na estrada autonómica AC-211, ao seu paso por Fonteculler e Acea de Ama. Varios dos semáforos que regulan a circulación da vía non funcionan desde hai 15 días, sen que se adoptara ningunha solución desde a Xunta.
A área de Seguridade Cidadá emitiu un informe no que se detallan os fallos detectados nos semáforos da avenida. En concreto son 5 os que fallan, dos que 4 non están operativos en ningunha das fases lumínicas:
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, recoñece que o Concello atópase "moi molesto", ante a "inactividade" da Xunta para liquidar estes problemas nos semáforos. "Cando se trata da seguridade viaria nunha estrada desta intensidade de tráfico e de carácter eminentemente residencial hai que responder con urxencia", afirma.
Por iso, o goberno municipal iniciou xestións para solicitar que se non os arranxa a Xunta de urxencia, que autorice ao Concello a reparalos. Os custos poderíanse imputar posteriormente ao aval depositado pola empresa adxudicataria.
O primeiro tenente de alcalde e responsable de Seguridade Cidadá, José Ramón Rioboo, advirte das dificultades que están a ter os peóns para cruzar a AC-211, onde se estima o paso de 20.000 coches ao día, con seguridade ao carecer de semáforos. "Desde o Concello destinamos a axentes da Policía Local a apoiar aos peóns mentres non se reverte esta situación, pero necesítase unha solución inmediata", apunta.
A central da Policía Local recibe avisos a diario dos veciños informando os problemas que teñen para travesar a avenida de Fonteculler e a de Acea de Ama. O Concello espera que a Xunta atenda está necesidade e resolva xa o problema, ou autorice ao Concello para resolvelo.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER