A chegada do bo tempo leva ao Concello de Culleredo a converter espazos públicos en escenarios de ximnasia ao aire libre. Trátase da iniciativa "Verán movidiño", que propón a Concellaría de Sanidade, tanto aos mozos como aos maiores, para promover o exercicio físico entre a cidadanía.
En concreto, son tres os escenarios da actividade, tratando de achegala á maior parte dos veciños:
No Burgo e Celas acaba de comezar xa o "Verán movidiño". En Vilaboa iniciarase no mes de agosto. Nos tres casos prolongarase até o final de setembro.
A actividade componse de diferentes modalidades de exercicios: ximnasia, paseos, sendeirismo, xogos, e mesmo o uso de aparellos dos parques biosaludables. A música non falta para animar aos participantes a seguir o ritmo dos monitores e, de paso, chamar a atención dos paseantes.
E é que o programa é totalmente aberto e gratuíto. E calquera que pase pola zona pode animarse a incorporarse á actividade no momento.
A concelleira de Sanidade, Penélope López, explica que a iniciativa persegue "incentivar aos veciños de todas as idades a levar un verán activo e saudable". A edila destaca o verán como unha época "ideal" para iniciar a práctica de exercicio e adquirir así un hábito "moi necesario e saudable".
Para obter máis información pódese contactar cos centros municipais de servizos sociais no teléfono 981 65 45 70.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER