O Concello adxudica melloras na rede viaria por 200.000 euros

O goberno de Culleredo centra o Plan de Obras na mellora das infraestruturas viarias en núcleos urbanos do municipio. A mesa de contratación acaba de adxudicar os traballos referentes á mellora de estradas por case 200.000 euros.

O equipo de goberno reservou o 85% do POS para investimentos, deixando só o 15% restante para gasto corrente. Así pretende dar resposta a peticións trasladadas polos veciños para modernizar rúas e estradas do municipio.

Máis da metade dos fondos dedícanse a actuacións en vías situadas nos núcleos urbanos:

  • Pavimentación da rúa Largo Caballero e da praza de Europa do Burgo:  adxudicada en preto de 90.000 euros
  • Pavimentación da rúa Andrés Pan Vieiro (O Burgo): 36.000 euros
  • Pavimentación da rúa Rafael Alberti (Fonteculler): 25.000 euros


Ademais, en canto a remodelación de viarias, o Concello tamén destina fondos para a conexión de Vinseira a Celas, sobre 25.000 euros, e para a rúa Constitución de Tarrío, outros 25.000 euros.

Ademais, o Concello destinará o Plan Complementario, que reibe fondos das baixas das licitacións, á pavimentación da avenida do Portádego.

Todas as actuacións son financiadas pola Deputación da Coruña. O goberno de Culleredo decidiu configurar un plan baseado nas necesidades manifestadas polos veciños para promover un incremento das prestacións municipais en materias básicas como a rede viaria.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina