O Concello aprobou novas ordenanzas de ruidos e inicio de obras e servizos

O Concello de Culleredo aprobou en pleno dúas novas ordenanzas que regularán dous aspectos importantes para os veciños: o ruído e o inicio de obras ou de prestación de servizos, propostas ambas polo goberno municipal.

A ordenanza de protección contra ruídos busca un control da actividade acústica no municipio e evitar molestias ou danos á saúde. O texto regula desde o ruído por actividades ou industrias ata o do tráfico ou o producido na vía público, establecendo un detallado réxime de infraccións.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, explicou que o Concello poderá elaborar un mapa acústico municipal unha vez que as obras de ampliación do aeroporto de Alvedro conclúan e o aeródromo funcione coa nova pegada sonora. A día de hoxe, contar con este mapa non é obrigatorio para os concellos de menos de 30.000 habitantes, pero o rexedor avanza que se trata dunha ferramenta que contribuirá á protección fronte a ruídos.

Este mapa permitirá determinar as zonas con saturación de ruído en Culleredo. Nas devanditas zonas, poderanse determinadas restricións con respecto á lei para favorecer aos residentes.

A segunda ordenanza aprobada no pleno foi a reguladora do control de obras e actividades, que se adapta á Lei de Competitividade de Galicia. Co texto, os veciños verán reducidos os trámites requiridos para o inicio de prestación de servizos, como negocios, ou para a realización de obras que non requiran licenza.

En ambos os casos, as ordenanzas foron aprobadas inicialmente. Unha vez publicadas no Boletín Oficial da Provincia, abrirase un prazo de exposición pública de 30 días antes da súa aprobación definitiva e entrada en vigor.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina