O Concello mantén en setembro o programa de ximnasia ao aire libre

O bo tempo impulsa o programa "Verán movidiño" que organiza a Concellaría de Sanidade de Culleredo. Desde o inicio do verán, os veciños están a aproveitar os espazos verdes do municipio para a exercitarse ao aire libre.

Este mes de setembro, o Concello mantén a iniciativa, que está a congregar a decenas de participantes cada semana. En concreto, son tres os escenarios da actividade, tratando de achegala á maior parte dos veciños:

  • O Burgo, no paseo marítimo. Os sábados de 11.00 a 12.00 horas.
  • Celas, no parque da torre. Os mércores de 19.00 a 20.00 horas.
  • Vilaboa, en Vila Melania. Os venres de 11.00 a 12.00 horas

A actividade componse de diferentes modalidades de exercicios: ximnasia, paseos, sendeirismo, xogos, e mesmo o uso de aparellos dos parques biosaludables. A música non falta para animar aos participantes a seguir o ritmo dos monitores e, de paso, chamar a atención dos paseantes.

O programa é totalmente aberto e gratuíto. E calquera que pase pola zona pode animarse a incorporarse á actividade no momento. A concelleira de Sanidade, Penélope López, explica que a iniciativa persegue "incentivar aos veciños de todas as idades a levar un verán activo e saudable".

A edila destaca o verán como unha época "ideal" para iniciar a práctica de exercicio e adquirir así un hábito "moi necesario e saudable".

Para obter máis información pódese contactar cos centros municipais de servizos sociais no teléfono 981 65 45 70.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina