Culleredo celebra o luns o XI Día Mundial do Linfoma

O Concello de Culleredo conmemora o luns, 15 de setembro, o XI Día Mundial do Linfoma, baixo o slogan "Coñece o linfoma, rompendo mitos", cun programa de actos que desenvolve de forma conxunta coa Asociación Española de linfoma, mieloma e leucemia (AEAL). Desta forma, a Concellaría de Sanidade quere pór o seu gran de area en sensibilizar á poboación acerca desta enfermidade.

Os actos desenvolveranse a tarde do luns. Desde as 16.30 e ata as 18.30 horas procederase á instalación dunha mesa informativa no paseo marítimo do Burgo. O obxectivo consistirá en sensibilizar sobre o cancro.

Ás 19.00 horas, no pazo de Vila Melania de Vilaboa, celebrarase unha mesa redonda sobre o linfoma. Pretende aproximar ao público xeral, non só a afectados, o linfoma e o seu tratamento. Intervirán:

  • O doutor Guillermo Debén Ariznavarreta, hematólogo do CHUAC
  • O doutor Rubén Vázquez Fernández, hematólogo do CHUAC
  • José María Freire, psicólogo colaborador de AEAL na Coruña

A entrada será libre e gratuíta ata completar aforamento.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina