O Concello expón ao público as novas ordenanzas de ruído e inicio de obras e servizos

O Concello de Culleredo ten en exposición ao público dúas novas ordenanzas, aprobadas de forma inicial no pleno ordinario do mes de agosto. Os particulares interesados dispoñen de 30 días hábiles, desde a publicación do anuncio no BOP, para formular as reclamacións e suxestións que consideren oportunas.

Os expedientes obran en poder da Secretaría do Concello. Pódense consultar na casa consistorial, no horario de atención ao público.

A ordenanza de protección contra ruídos busca un control da actividade acústica no municipio e evitar molestias ou danos á saúde. O texto regula desde o ruído por actividades ou industrias até o do tráfico ou o producido na vía público, establecendo un detallado réxime de infraccións.

O Concello poderá elaborar un mapa acústico municipal unha vez que as obras de ampliación do aeroporto de Alvedro conclúan e o aeródromo funcione coa nova pegada sonora. A día de hoxe, contar con este mapa non é obrigatorio para os concellos de menos de 30.000 habitantes, pero tratarase dunha ferramenta que contribuirá á protección fronte a ruídos.

Este mapa permitirá determinar as zonas con saturación de ruído en Culleredo. Nas devanditas zonas, poderanse determinadas restricións de decibeis con respecto á lei para favorecer aos residentes.

A segunda ordenanza é a reguladora do control de obras e actividades, que se adapta á Lei de Competitividade de Galicia. Co texto, os veciños verán reducidos os trámites requiridos para o inicio de prestación de servizos, como negocios, ou para a realización de obras que non requiran licenza.

Con esta medida conseguirase unha simplificación dos procedementos de autorización e control das actividades que se desenvolvan no municipio, no marco das competencias recoñecidas ao Concello.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina