O Concello de Culleredo moderniza e incrementa a súa frota de vehículos para mellorar a prestación de distintos servizos municipais. O goberno municipal presentou 5 furgonetas e un turismo que reforzarán os servizos sociais, medio ambiente, promoción económica e os servizos xerais do Concello.
O acto, celebrado diante da Casa do Concello estivo presidido polo alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, acompañado do primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, e da concelleira de Promoción Económica, Marta Iglesias. Os responsables da concesionaria do contrato explicaron as características e funcionalidades dos novos vehículos.
O alcalde explicou que o Concello leva a cabo este ano un importante esforzo económico para ampliar o parque móbil municipal con obxecto de que o persoal "dispoña de medios acordes coas necesidades dos servizos municipais".
Os novos vehículos, que funcionarán desde xa, distribúense da seguinte maneira:
Sacristán sinalou que os vehículos asociados a servizos sociais destinaranse a importantes programas, como axuda a domicilio ou ao centro de formación ocupacional para persoas con discapacidade intelectual da Escada. Os restantes servirán para diferentes labores de traslados e transporte das concellarías.
En todos os casos, o Concello contratou os vehículos mediante a modalidade de renting, cun prazo máximo de 4 anos.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER