O Concello de Culleredo abre a licitación dun paquete de obras que permitirá a realización de numerosas melloras no municipio, respondendo as necesidades transmitidas polos propios veciños. Será un investimento de 253.541,37 euros que inclúe as seguintes actuacións:
O goberno local destaca que se trata de actuacións demandadas polos veciños ou detectadas polos servizos municipais e que suporán un notable incremento da seguridade viaria. As obras abordarán tanto a mellora de vías no rural como na trama urbana.
Nesta destaca a remodelación do acceso ao colexio do Burgo. Para ordenar a circulación nun punto polo que día a día pasan centos de alumnos, profesores e pais proxéctase a construción dunha pequena rotonda e un cambio na zona para peóns da ponte baixa a autoestrada.
Dadas as dificultades de accesibilidade existentes pola estreiteza do paso, o Concello unificará as beirarrúas facendo unha máis ampla para propiciar a mobilidade dos peóns.
O contrato estrutúrase nos 4 lotes especificados anteriormente. As ofertas poden presentarse individualmente a cada un deles.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER