A praza de Europa do Burgo loce nova imaxe

No centro do Burgo atópase un espazo que concentra a diario por centos de veciños. A praza de Europa é o núcleo neurálxico dos paseos familiares, dos xogos dos nenos ou dos cafés dos maiores. Desde agora, a praza loce nova imaxe, tras a actuación levada a cabo polo Concello de Culleredo.

O seu uso continuado foi deteriorando algúns dos elementos deste espazo público. Isto levou ao goberno municipal a encargar un proxecto de mellora da praza, que incluíu no Plan de Obras deste exercicio.

A praza de Europa dispón agora dun pavimento de cor avermellada. Ademais do novo aspecto, este pavimento é especial para evitar os resbalones dos viandantes en días de choiva, algo que o equipo de goberno priorizou para aumentar as prestacións do recinto.

Os bancos de madeira da praza tamén son obxecto dos traballos. Os que estaban máis deteriorados están a ser arranxados, tal e como se pode xa ver na praza.

O parque infantil é outro dos puntos de actuación, actualmente en marcha. O Concello colocará un novo chan de caucho para mellorar a seguridade infantil ao responder mellor ante posibles caídas. O recinto atópase agora valado mentres dure a actuación.

E a rúa Largo Caballero, que rodea a praza, tamén experimentou as obras. O Concello renovou o firme da calzada e o pavimento da beirarrúa.

O investimento total, de preto de 90.000 euros, mellora notablemente a seguridade viaria e as condicións dunha zona situada no corazón do núcleo.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, explica que a intención foi "mellorar as condicións dun lugar de referencia para os veciños". Asegura que as obras en espazos públicos e na rede viaria e beirarrúas serán "unha constante" en Culleredo.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina