O Concello dedica o Plan de Obras 2015 a satisfacer necesidades trasladadas polos veciños

O goberno de Culleredo conseguirá co Plan de Obras 2015, aprobado polo pleno da corporación, satisfacer algunhas das peticións elevadas polos veciños das distintas parroquias. "Son necesidades indiscutibles que xa tiñamos previsto abordar", afirma o alcalde, Julio Sacristán.

É o caso do arranxo da rede de abastecemento de auga potable na rúa Carrizo, José Ramallo, Florentino López Cuevillas, As Brañas, Losada Diéguez e Pablo Picasso. Sacristán sinala que son puntos onde os condutos rompen por deterioro do seu estado e por iso é unha actuación prioritaria. Este proxecto terá un orzamento de 90.346,19 euros.

Outra petición veciñal que se satisfará será a mellora das rúas Río Mero (39.376,25 euros) e Río Mandeo (92.975,42 euros), na Zapateira. Nesta última construiranse beirarrúas e instalarase rede de pluviais.

A modificación da pasarela peonil de Fonteculler, que atravesa a vía conectando o núcleo co paseo marítimo, levará 58.433,27 euros. A estrutura variará o seu trazado, comezando na contorna da rotonda da avenida de Juan Carlos I, que non existía cando se instalou a pasarela. Ademais será pintada e acondicionada.

A dotación de eficiencia enerxética asumirá a maior parte do investimento. Haberá un proxecto de centralización de puntos de luz e supresión de farois de vapor de mercurio, por 82.004,75 euros, e outro de implantación de lámpadas LED en prazas e xardíns, por 125.420,13 euros.

Completa o Plan de Obras os traballos de mellora nas pistas polideportivas do municipio, dando resposta a avisos trasladados polos propios veciños. Terá un orzamento de 65.898,97 euros.

En total, o Concello de Culleredo destina 554.454,98 euros ás actuacións, dos que 480.967,29 euros proceden de Deputación da Coruña e o Estado, e 73.487,69 euros das arcas municipais.

Dentro do Plan Complementario, que levará a cabo coas baixas de licitación, o goberno local incluíu a instalación de rede de fecais en Peiro de Arriba, o separativo de pluviais e fecais no polideportivo de Tarrío, e a implantación de luminarias LED na primeira fase do paseo marítimo.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina