O goberno local aproba os orzamentos municipais máis socias da historia do municipio

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, presentaron os orzamentos municipais para o exercicio 2015, aprobados polo pleno a proposta do goberno local. Os orzamentos alcanzan os 19.479.126,48 euros, uns 0,25% superiores aos de 2014.

Son os orzamentos máis sociais da historia do municipio. O rexedor sinalou que cada ano van crecendo as partidas nas áreas de benestar social, configuradas seguindo a opinión da técnicos da área, pola necesidade perentoria que teñen moitas familias cullerdenses.

Por iso, as axudas en emerxencia social soben un 33,68% con respecto ao ano pasado, alcanzando os 254.000 euros. Sacristán revelou que asina cada 15 días cheques con axudas para o aluguer de vivenda, o pago de subministracións ou comida.

Este ascenso vén motivado así mesmo polo atraso da Xunta de Galicia en resolver as solicitudes de Risga de veciños de Culleredo, que recorren ao Concello para recibir unha axuda superior. Sacristán calcula que son uns 40 veciños os que se atopan nesta situación. A Xunta non resolveu ningunha petición ao longo do ano.

No conxunto de benestar social, "prioridade máxima" para o goberno local, a partida crece máis de 100.000 euros ata alcanzar os 2,41 millóns de euros. Inclúe programas como a axuda á dependencia, o comedor como unha seda, o apoio familiar ou a atención á diversidade.


Máis investimentos e terceiro ano sen recorrer a crédito

Os investimentos crecen de forma substancial, un 15,35%, chegando aos 2.114.509,48 euros. As actuacións baséanse nas necesidades detectadas polos servizos técnicos municipais e tratando de atender así mesmo as peticións expostas polos veciños e colectivos do termo.

A maior parte do investimento (924.075,05 euros) dedicarase á mellora en infraestruturas viarias, para incrementar a seguridade viaria. Sacristán resaltou neste capítulo as consignacións destinadas a dous novos centros sociais: Boedo e Fonteculler.

Ante a previsión de que o Estado incremente nun 6% o financiamento local, o alcalde explicou que se terá en conta cando sexa realidade. Chegado ese caso poderíase dedicar a adquirir terreos para un novo CEIP, a descontaminar os terreos contiguos á Cros e a aumentar a rede de sendas peonís.

No entanto, Rioboo recalcou que calquera investimento estará sempre supeditada ás necesidades de axudas de emerxencia social. "Temos unha alarma en servizos sociais que no momento que faga falta máis fondos polas necesidades veciñais, actívase automaticamente, sacrificaremos o que sexa", apuntou.

Finalmente, o alcalde destacou tamén o descenso nos gastos financeiros. "Este é o terceiro ano consecutivo que non recorremos a crédito e podemos realizar investimentos igualmente", asegurou, o que constata a boa saúde financeira do Concello de Culleredo.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina