O Concello de Culleredo e Adicae Galicia proseguen co seu traballo conxunto para dar a coñecer aos veciños os seus dereitos como consumidores. Nesta ocasión organizan unha xornada para abordar un aspecto que sempre xera incerteza entre a cidadanía: as compras por teléfono e internet.
A xornada formativa celebrarase o vindeiro xoves, 4 de decembro, ás 19.30 horas no Pazo de Vila Melania, sito en Vilaboa.
O goberno local anima aos veciños a asistir á sesión para dispor de toda a información que faga máis seguras as compras por internet ou móbil, medios moi frecuentes na actualidade.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER