A extensa rede de parques infantís de Culleredo será un dos principais focos de actuación en 2015. O Concello investirá un total de 300.755,62 euros en acometer melloras nos parques infantís. Os traballos consistirán na ampliación dos espazos, nalgúns casos, e en efectuar reparacións, noutros.
O plan do Concello pasa por incrementar a seguridade dos recintos cun novo pavimento que amortigüe mellor os golpes. En concreto, o goberno local procederá a substituír o chan dos seguintes parques:
Nos seguintes parques, ademais de cambiar o pavimento, o Concello ampliará a zona de xogos, dado o seu uso elevado por parte dos veciños. Os novos espazos serán o dobre de grandes que os existentes:
En todos eles realizaranse obras de cambio de firme por outro novo de caucho, que evite accidentes por caídas e impida a penetración da auga da choiva. Ademais, melloraranse os peches perimetrales. Noutros casos substituiranse xogos que se foron deteriorando co paso do tempo.
O alcalde de Culleredo, Julio Sncristán, avanza que as actuacións comezarán de inmediato na Corveira, no paseo Tierno Galván e na rúa Pablo Picasso do Burgo. Cos traballos, adaptaranse os parques á normativa europea, "buscando a máxima seguridade e confort para os pequenos e as súas familias", sinala o primeiro edil.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER