O Concello de Culleredo anuncia un importante plan de modernización da urbanización Tierno Galván, en Acea de Ama, un das principais zonas residenciais da trama urbana. O goberno local decidiu mellorar as infraestruturas e espazos comúns para incrementar a calidade de vida dos residentes.
En primeiro lugar, o Concello renovará o pavimento das rúas, que se foi deteriorando co paso do tempo. Os espazos para peóns tamén serán obxecto da actuación, con novas beirarrúas e arranxos nas existentes. Este proxecto terá un investimento de 360.000 euros, a cargo das arcas municipais.
O goberno local dotará tamén de eficiencia enerxética á urbanización. Os actuais globos da iluminación serán substituídos por luminarias tipo LED, promovendo así o coidado ambiental e o aforro enerxético. Esta actuación superará os 60.000 euros.
E outro dos puntos a mellorar será o parque infantil. O Concello cambiará o chan colocando un de caucho que incremente a seguridade infantil. A obra ten un orzamento de máis de 25.000 euros.
E no paseo Tierno Galván, nos próximos días executarase o arranxo das pontes de madeira, unha vez recibida a esperada autorización de Augas de Galicia. O cambio dunha das pasarelas e a reparación doutra suporá un investimento de 40.000 euros.
En total, case medio millón de euros que o goberno municipal ha programado para lograr "unha gran mellora das condicións de vida" na urbanización, apunta o alcalde de Culleredo, Julio Sacristán.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER