O Concello de Culleredo executa esta semana traballos de reparación do pavimento na unión da rúa Hersa coa rúa Sanjurjo de Carricarte, no Burgo. Esta confluencia das dúas vías semipeonís danouse polo paso de vehículos pesados que romperon as baldosas neste punto.
Estas dúas rúas, de carácter residencial e comercial, convertéronse en semipeonís fai máis dun ano polo acordo alcanzado entre o goberno municipal e a asociación de comerciantes, que desexaba potenciar o paseo dos cidadáns, pero tamén quería a entrada de coches con zonas de carga e descarga, que tamén instaurou o Concello.
Con todo, o acceso de vehículos pesados con moita carga provocou estes danos no cambio de rasante, que soporta especialmente o peso. O alcalde, Julio Sacristán, explica que se agora colocaranse nesta zona baldosas máis resistentes, con capacidade para soportar mellor o paso de vehículos.
A Policía Local de Culleredo xa tomou cartas no asunto, primeiro con avisos e logo xa con algunha sanción polo seu incumprimento.
O primeiro tenente de alcalde e responsable de Seguridade Cidadá, José Ramón Rioboo, avanza que esta vixilancia da Policía Local intensificarase tras o remate das obras. O obxectivo consistirá en previr o paso de vehículos pesados, que xa dispoñen dunha zona de carga e descarga na avenida de Ribados.
A propia asociación de comerciantes pediu tamén aos propietarios dos negocios que actúen conforme á normativa e cingan o acceso ás rúas a turismos ou vehículos de pequena carga.
O goberno municipal cre imprescindible o cumprimento desta restrición para que as rúas Hersa e Sanjurjo de Carricarte combinen o uso peonil coa carga e descarga como desexan os comerciantes, e en moitos casos os clientes, favorecendo a súa actividade.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER