O Concello finaliza a reforma do parque infantil de Costa da Lonxa e inicia a obra en Tierno Galván

O parque infantil da Costa da Lonxa, no Burgo, un dos máis utilizados no municipio, xa loce a súa nova imaxe. O Concello de Culleredo completou os traballos de reforma e desde o pasado venres as familias aproveitaron o bo tempo para gozar do espazo.

O Concello substituíu o antigo chan de grava por caucho. É un chan de tipo continuo, para favorecer aos usuarios con problemas de mobilidade. E non falta a cor, acorde co uso infantil.

O goberno municipal avanza que colocará algún novo elemento no parque, aproveitando o espazo libre que aínda dispón. A planificación do Concello pasa por dotar á rede de parques municipais de elementos para bebés e nenos con mobilidade reducida, así como xogos de mesas de ping pong especiais para estes parques.

Concluídos os traballos en Costa da Lonxa, o Concello xa inicia a actuación noutro dos parques máis concorridos: o emprazado no paseo de Tierno Galván, en Acea de Ama. O espazo xa está valado para acometer as obras, consistentes tamén na instalación de chan de caucho.

En total, o investimento municipal superará os 350.000 euros para modernizar 9 parques. O goberno local ampliará o espazo dos parques da avenida de Juan Carlos I, no Burgo, e o do Parque da Torre de Celas. A súa superficie duplicarase aproximadamente.

E procederá a substituír o chan dos seguintes parques, ademais de nos dous anteriores e nos xa mencionados: Centro social de Sueiro, Goiente (Sueiro), A Senra, Centro social de Sésamo, e o José Prieto na Corveira, onde o Concello instalará as innovadoras cubertas para alargar o tempo de uso e paneis de vidro de seguridade para protexer aos nenos do vento.

O novo firme de caucho ten como finalidade evitar accidentes por caídas e impedir a penetración da auga da choiva. Ademais, melloraranse os peches perimetrales. Noutros casos substituiranse xogos que se foron deteriorando co paso do tempo.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina