O Concello demanda á Xunta o arranxo urxente da AC-213

O Concello de Culleredo defende que a AC-213, vía que conecta O Burgo con Almeiras e Sigrás, non pode esperar máis a unha actuación de remodelación. As prestacións da vía, de titularidade autonómica, fóronse deteriorando conforme o paso do tempo, algo que o goberno local xa lle trasladou en varias ocasións á Xunta de Galicia, sen que esta emprendese proxecto algún.

Por iso, o Concello encargou unha memoria do estado actual da AC-213 cunha valoración das actuacións necesarias para mellorala. A formulación do Concello refírese tanto á calzada como aos espazos para peóns.

O proxecto comprende entre os puntos quilométricos 0,160 e 2,050 da vía. O estudo municipal divide á estrada autonómica en dous tramos. O primeiro, entre o km 0,160 e o 0,940, conta cun estado aceptable do firme pero existen tramos sen beirarrúa na marxe esquerda, aos que sería conveniente dar continuidade por razóns de seguridade viaria.

E o segundo, entre o 0,940 e o 2,050, é que o padece maior problema na calzada, con blandóns en gran parte da súa superficie, pavimento fisurado e en proceso de desintegración superficial, e gretas lonxitudinais e transversais, o que recomenda un tratamento de rehabilitación. Así mesmo, as beirarrúas tamén son incompletas na marxe esquerda e conta con treitos co pavimento roto.

Con isto, o Concello detalla no proxecto os puntos exactos onde é necesario a reposición total do firme, o recrecido con capa de rodaxe ou só un tratamento superficial. E nas beirarrúas, os puntos a arranxar e as novas execucións, entre as que suxire tamén a conexión co polígono de Alvedro xunto á rotonda. O orzamento destas actuacións sería de 430.612,14 euros.

O goberno municipal trasladou o proxecto á Xunta de Galicia. A proposta do Concello á Xunta consiste en asumir o mantemento da vía unha vez que a administración autonómica execute as actuacións e a entregue en perfecto estado.

O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, sostén que é "urxente e necesario" remodelar a vía polas graves carencias que presenta en materia de seguridade viaria. O rexedor asegura que a Xunta leva moitos anos sen actuar no tramo da AC-213 que pasa por Culleredo.

"Cremos que non se pode demorar máis pór en condicións adecuadas unha estrada que asume entre 5.000 e 10.000 vehículos diarios e con tráfico pesado que accede ás naves industriais", afirma. Sancristán destaca que se trata dun viario clave na circulación do Burgo e Almeiras cos polígonos.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina