O Concello renovará a praza do lavadoiro de Bo Home, en Almeiras

Culleredo conta, especialmente na zona rural, con diversos lavadoiros nas súas parroquias. Algúns deles seguen sendo utilizados con asiduidade polos veciños. É o caso do lavadoiro de Bo Home, en Almeiras.

O Concello, coa intención de mellorar a instalación, acometerá a renovación da praza adxacente. Actualmente este espazo ten o firme, de area, deteriorado, o que mingua as súas prestacións.

Por iso, o Concello de Culleredo remodelará esta pequena praza coa construción dunha soleira de formigón que lle sirva como base. Sobre ela colocará distintos elementos de mobiliario urbano, como bancos, para propiciar o descanso para os usuarios do lavadoiro e en xeral para calquera veciño que pasee pola zona.

O investimento alcanzará os 8.900 euros e levarase a cabo nas próximas semanas.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina