O Concello executará un proxecto de mellora do alumeado en Castelo

O Concello de Culleredo executará na parroquia de Castelo un novo proxecto de eficiencia enerxética. En concreto, a actuación perseguirá mellorar a iluminación pública da zona con centros de mando que permitirán un control sobre os acesos.
 
Instalaranse dous centros de mando en Xalo e en Aldea de Arriba. Os puntos estaban ata agora só comandados por fotocélulas, o que impedía un control de fluxo e disparaba o consumo. 
 
Ademais, co proxecto substituiranse os puntos de luz de vapor de mercurio de avanzada idade. O aforro verase beneficiado ao reducirse o consumo nun 25% á vez que as prestacións técnicas aumentarán. As actuais luminarias teñen un tempo de vida de 10.000 horas fronte ás 28.000 que logran as novas.
 
Os cambios de puntos de luz efectuaranse en núcleos como Castelo de Abaixo, Folgueira, Castelo de Arriba, Donepedre, Aldea de Abaixo, Aldea de Arriba, Vilaverde e Xalo. 
 
O orzamento da actuación é de 64.889,89 euros. O Concello acaba de iniciar a contratación, que ademais deste proxecto inclúe outro de eficiencias enerxética no paseo marítimo do Burgo.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina