O Concello executará cinco proxectos de saneamento en 2016

O Concello de Culleredo executa cada ano numerosas obras na rede de saneamento, co principal obxectivo de seguir completando a rede na maior parte do municipio. En 2016, o Concello acometerá de entrada cinco proxectos neste servizo básico, respondendo a peticións trasladadas polos veciños de varias parroquias.
 
En total, o investimento no saneamento ascende este ano a 262.458,24 euros. Na súa totalidade corresponden a actuacións que se desenvolverán na zona rural, que é a que máis necesita estes traballos de incremento da rede de recollida de augas residuais.
 
Os proxectos, xa con consignación por parte do goberno municipal, son:
  • Ampliación da rede de saneamento nas rúas Canabal, Andrés Reboredo e Constitución: 90.401,70 euros
  • Ampliación da rede de saneamento en Peiro de Abaixo (tramo da estrada provincial de Ledoño a Celas) e Peiro de Arriba: 88.077,91 euros
  • Renovación da rede de saneamento na rúa do Concello: 35.529,19 euros
  • Instalación de saneamento en Pozo da Cruz: 26.056,56 euros
  • Dotación de saneamento en Valiñas: 22.392,88 euros
O cinco proxectos atópanse en fase de tramitación. Un caso, como o de Peiro, está agora mesmo en período de licitación. Neste sentido, instalaranse dous novos colectores tanto en Peiro de Abaixo como en Peiro de Arriba e 16 pozos de rexistro de formigón para instalar esta rede de saneamento.
 
Tanto esta como o primeiro dos proxectos contan coa cofinanciación da Deputación da Coruña. O tres restantes recibirán fondos municipais.
 
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, avanza que nos próximos plans de obras "seguiremos propoñendo obras na rede de saneamento, tendo en conta que é un servizo esencial para os veciños". O rexedor destaca que nas reunións coas asociacións de veciños, a mellora do saneamento acapara sempre algunha das súas propostas.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina