Traballos de asfaltado na Nacional 550

O Concello de Culleredo informa do inmediato inicio dos traballos, por parte do Ministerio de Fomento, de renovación do firme da Nacional 550 ao seu paso polo municipio. É o paso previo á cesión da vía ao Concello, unha petición do goberno local para xestionar directamente a vía e atender con maior prontitude as demandas veciñais.
 
O Concello mantivo reunións con Fomento e a empresa adxudicataria de cara á programación da actuación. Será executada principalmente os fins de semana para reducir as molestias aos usuarios da vía.
 
A data de inicio dos traballos é o próximo fin de semana, do 24 ao 26 de xuño. Descartouse comezar este sábado polas inestables condicións meteorolóxicas, e hai que ter en conta que é necesario o bo tempo para acometer o asfaltado.
 
As obras comezarán polo Portádego, e irán avanzando aos poucos ata chegar a Alvedro, na rotonda do outlet. 
 
O Concello de Culleredo establecerá un plan especial de tráfico con motivo dos traballos, que requirirán o corte dun carril. Será notificado con carteis e valos na zona con varios días de antelación.
 
En esencia, o Concello, promoverá o uso das rúas adxacentes e animará a tomar a Terceira Rolda en Alvedro como vía alternativa de acceso á cidade.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina