O Concello de Culleredo inicia a licitación dos traballos para a rehabilitación da ponte sobre a vía de tren no Burgo, na rúa Alfonso VII. A infraestrutura foise deteriorando co paso do tempo e por iso o goberno local decidiu incluír o seu arranxo no plan de obras deste ano.
A ponte padece de deterioración na armadura e desconchamiento en puntos da superficie de formigón. Por tanto, o proxecto consistirá basicamente na rexeneración das zonas afectadas.
O orzamento da actuación ascende a 77.188,63 euros, cofinanciados pola Deputación da Coruña. Para a execución das obras será necesaria unha coordinación con Adif, ao afectar a contorna da vía.