O Concello inviste 620.000 euros en melloras en servizos e infraestruturas

O Concello de Culleredo acaba de adxudicar un importante paquete de obras en de materia de servizos básicos e infraestruturas. En total o investimento nestas 14 actuacións superará os 620.000 euros, moitas delas coa cofinanciación da Deputación da Coruña.
 
As infraestruturas educativas albergarán boa parte destas obras, na decisión do goberno local de melloralas, a pesar de ser xestionadas pola Xunta de Galicia. levará a cabo a renovación de patios do CEIP Ría do Burgo, Sofía Casanova, e Isaac Díaz Pardo e Tarrío, é dicir, os catro que ten Culleredo. O investimento será en total de 135.216,57 euros.
 
As actuacións consistirán na ampliación, dotación de novo firme e arranxo de xogos dos parques infantís dos colexios. O goberno local programounas atendendo ás necesidades de uso dos escolares.
 
Outra das actuacións adxudicadas en centros educativos e deportivos é a mellora do saneamento no CEIP Sofía Casanova, Isaac Díaz Pardo e no campo de fútbol do Burgo. Neste caso adxudicouse polo prezo ofertado de 27.897,52 euros.
 
A mellora da rede de abastecemento de auga leva outra parte importante do investimento. Renovaranse os condutos nas rúas dos Pereiros, As Catas, avenida de Alvedro, Rafael Dieste e rúa da Regueira. O Concello adxudica os traballos por un importe de 86.650,41 euros.
 
Mentres, a renovación da rede de auga potable na vía do Silvar a Goiente terá un gasto de 27.180,99 euros. E nas rúas Federico García Lorca, Rafael Alberti, O Xesto, Reveriano Soutillo, Río da Cova,  Andrés Reboredo e rúa San Manuel recibirá 41.048 euros.
 
O acondicionamento das naves municipais foi adxudicada por 83.921,29 euros. Consitirá na reforma da instalación, sita en Tarrío. En materia de saneamento contrátase a ampliación do servizo en Peiro de Abaixo e Peiro de Arriba cun prezo final de 52.626,00 euros.
 
Ademais, en canto a eficiencia, o proxecto de aforro e mellora da eficiencia enerxética por centralización  de puntos de luz na parroquia de Castelo contrátase por un importe de 51.493,38 euros.
 
En canto á rede viaria, a pavimentación de Pozo da Cruz á Igrexa de Veiga foi adxudicada no prezo de 30.408 euros, e a mellora do firme de Sueiro a Fornos recibirá a contía de 36.437 euros.
 
Finalmente, o Concello adxudica a obra de rehabilitación da ponte sobre a vía do ferrocarril no Burgo, na rúa Alfonso VII, polo prezo ofertado de 52.279,87 euros. Rehabilitarase a estrutura da ponte.
 
O alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, destaca a "gran importancia" de todas estas actuacións para o municipio. O rexedor destaca que se programaron os investimentos tendo en conta as prioridades para mellorar os servizos básicos para os cidadáns.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina