O Concello de Culleredo cambiará a imaxe de dúas rúas do centro urbano do Burgo para mellorar as súas prestacións aos veciños e situalas acorde coas xa renovadas na contorna. Licita a obra de humanización das rúas Celso Emilio Ferreiro e San Manuel, en pleno núcleo, xunto á praza de Galicia e a rotonda de Costa da Lonxa.
As beirarrúas serán un dos obxectos primordiais da obra, de cara a mellorar a seguridade viaria dos peóns. A actual configuración das rúas ten tramos de beirarrúa ao mesmo nivel da calzada. O Concello levantaraas e dotaraas de novas baldosas.
A actuación renovará o firme das dúas vías. Primeiro procederase á demolición do pavimento de formigón actual, o seu fresado e posterior asfaltado. Tamén se levantarán os pozos recolocando as rejillas de recollida de pluviais.
A sinalización da zona verase notablemente incrementada. Sinalizaranse as prazas de aparcadoiro e pasos de peóns. Tamén se colocarán sinais verticais.
O prazo de execución das obras será de dous meses a partir da data de formalización do contrato. Serán cofinanciadas pola Deputación da Coruña e contan cun orzamento de 75,758.35 euros
O Concello continúa deste xeito coa renovación e mellora das infraestruturas do seu termo municipal. Neste caso concreto, o obxectivo e mellorar a seguridade viaria para peóns e condutores xa que tanto as beirarrúas actuais como o pavimento atópanse en mal estado, atendendo ás peticións dos veciños da zona.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER