O Concello licita obras no Bosque, Vinseira Grande e na pista deportiva de Castelo

O Concello de Culleredo continua mellorando os servizos públicos básicos cunha serie de actuacións que considera prioritarias e que foron demandadas polos veciños. 
 
Neste caso licita a renovación da rede de abastecemento do Bosque e a instalación da rede de saneamento en Vinseira Grande e no polideportivo municipal de Castelo. As obras contan cun orzamento de 40.000 euros. 
 
A renovación da rede de abastecemento do Bosque levarase a cabo coa instalación dunha nova canalización de case 250 metros con tres acometidas básicas para que os veciños desta zona accedan ao servizo de auga potable.
 
En canto á rede de saneamento en Vinseira Grande procederase á instalación dunha tubaxe de 200 metros de longo con seis pozos de rexistro de formigón que facilitarán o enganche de varios veciños que até o momento non dispuñan de servizo público de saneamento. 
 
Así mesmo, no caso do Polideportivo de Castelo a obra será similar á anterior cunha nova canalización de cen metros de lonxitude e con tres pozos de rexistro, que darán solución a unha vella demanda da parroquia.
 
O executivo local está a levar a cabo actuacións similares en varias parroquias para garantir tanto o servizo de abastecemento como de saneamento seguindo as demandas dos veciños e priorizando as máis urxentes. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina