O Concello contrata a reparación do paseo do Trabe xunto ao campo de fútbol

O Concello de Culleredo dá un paso máis para a recuperación do paseo do Río Trabe na contorna do campo de fútbol do Burgo. Este paseo é unha das principais zonas verdes de Culleredo, xunto co paseo marítimo. Comprende desde Acea de Ama até Vilaboa, con parques infantís, carril bici, pontes de madeira ou merenderos que o enchen a diario de familias ou practicantes de running.
 
Pero o paseo ten un punto que require de actuación na contorna do campo de fútbol do Burgo, nun tramo de 70 metros. Esa parte foi construída no seu día pola Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia. O dique executado xunto ao Trabe naceu con vicios ocultos, que co paseo do tempo provocaron un corremento de terras.
 
O Concello pediu á Xunta que asumise o arranxo, pero esta non o fixo, polo que xa en 2012 o Concello acometeu diversos traballos de acondicionamento. Pero en 2015, un forte temporal volveu xerar o corremento, polo que o goberno local encargou un proxecto máis grande de recuperación da zona.
 
As obras acaban de ser contratadas por un montante de 141.815,46 euros. O Concello por tanto decidiu asumir o importante investimento e acometer o proxecto para recuperar estes 70 metros deteriorados do paseo.
 
A actuación perseguirá a estabilización do noiro mediante un novo dique que se cimentará no pé do mesmo. Para iso rozarase a cobertura vexetal, colocarase un xeotextil e colocarase o novo dique formado por roca de natureza granítica.
 
O desaugadoiro de pluviais do campo de fútbol e do colexio protexerase sobre o dique para evitar infiltracións. Ademais, dada a pouca capacidade portante dos materiais de recheo sobre os que se sitúa o paseo, realizarase un saneo dun metro de espesor. Posteriormente estenderase un xeotextil e capa de zahorra sobre a que se reporá o pavimento do paseo, verde  para peóns e vermello para o carril bici.
 
Repararase a greta do muro de cerramento do campo de fútbol e renovarase o tramo de 70 metros de paseo con nova varanda de troncos de madeira e a recolocación dos báculos de iluminación pública, coa súa correspondente canalización e cableado.
 
O goberno local, consciente de que se trata dun forte investimento, quere que o paseo estea ao completo en condicións para a súa utilización.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina