Finalizados os traballos de acondicionamento da praza Castelao

A praza Daniel Rodríguez Castelao, en Fonteculler, presenta unha nova imaxe. O Concello de Culleredo acaba de concluír as obras de renovación do punto, que se centraron nos principais elementos do espazo urbano, que concentra numerosas vivendas.
 
En concreto, renovouse o parque infantil, colocando chan de caucho de tipo continuo, que favorece a mobilidade. O chan é de cores para atraer ao público infantil e os xogos arranxáronse.
 
O firme da praza foi un dos obxectos principais da actuación. A empresa adxudicataria dispuxo varias capas de slurry, de cores. Ademais, o Concello modernizou o mobiliario urbano con novos bancos e papeleiras. Tamén se arranxaron os bordos e os valos, e efectuouse unha limpeza con hidrolavadora a presión nas beirarrúas.
 
As actuacións contaron coa cofinanciación da Deputación da Coruña. O investimento é de 32.000 euros.
 
 
Campaña da Policía Local
 
Coa praza xa acondicionada, veciños da zona puxéronse en contacto co Concello para trasladarlles o seu malestar con propietarios de animais de compañía que levan ao seu can ao espazo e non recollen debidamente as defecacións. A Policía Local efectuará unha campaña especial de vixilancia neste punto para evitar este tipo de condutas.
 
O goberno local fai un chamamento aos donos de mascotas para que cumpran con rigor a normativa de tenencia de animais e así non xerar molestias.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina