O Concello de Culleredo amosa o seu fondo pesar polo falecemento no día de hoxe de Tim Behrens, pintor inglés que tivo moita relación con Culleredo.
O xenial autor tivo residencia en Celas de Peiro por unha época de máis de 20 anos. Sempre tivo fermosas verbas para estas terras e os seus veciños. A súa propia casa serviulle como inspiración en moitas ocasións.
En Culleredo organizou varias exposicións, sempre con grande éxito de público. O Concello conta con dous cadros doados polo autor tras as súas mostras e que a día de hoxe se atopan no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo e na Biblioteca de Poesía de Vilaboa.
Froito desta relación con Culleredo, o Concello dedicoulle unha rúa en 2009, sita no Burgo.
Descanse en paz.