Máxima tranquilidade ante a petición de expedientes do Xulgado por unha denuncia con clara motivación política

Na mañá de hoxe, luns 20 de febreiro de 2017, axentes da Policía Xudicial personáronse no Concello de Culleredo para requirir mediante oficio unha serie de documentación a diferentes departamentos municipais. Ante estes feitos, o Concello manifesta o seguinte:
 
1. O requirimento do xulgado nº4, é consecuencia dunha denuncia dun funcionario municipal, policía local, vinculado a un partido político de forma pública. O oficio forma parte do procedemento normal de instrución. O Goberno Local ten meridianamente claro que responde a unha motivación política.
 
2. O Concello, como é normal, proporcionou toda a documentación dos expedientes requiridos polo Xulgado e que estaban a trámite algún deles polos servizos técnicos municipais. Corresponde a 17 expedientes de disciplina urbanística, dúas de terrazas, un de apertura de negocio, e un dunha autorización de vao.
Así mesmo, tamén se proporcionaron diversos boletíns de denuncias da Policía Local, correspondentes ao ano 2010.
 
3. O Concello de Culleredo manifesta a súa máxima tranquilidade ante este procedemento. Continuará en todo momento colaborando co Xulgado en todo o que faga falta  para aclarar calquera cuestión que se considere oportuna. 
 
4. Non é a primeira vez que o goberno de Culleredo vive este tipo de denuncias políticas. O goberno local asegura que non vai conseguir paralizar a vida municipal. No mesmo día de hoxe, a pesar de que se tratou dun proceso longo porque o persoal municipal tivo que realizar copias dos expedientes entregados, o Concello seguiu funcionando con normalidade. 
 
5. O alcalde mostra a súa absoluta tranquilidade ante esta denuncia e seguiu traballando con absoluta normalidade, atendendo os asuntos e as entrevistas con cidadáns que tiña previstas.
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina