Unha nova senda peonil e ciclista unirá o Mero co Camiño Inglés

O Concello de Culleredo recibiu hoxe a primeira visita oficial da conselleira de Infraestruturas, Éthel Vázquez, con motivo de diversas actuacións na materia que pedira o goberno municipal. O alcalde, Julio Sacristán, e o primeiro tenente de alcalde, José Ramón Rioboo, recibírona no salón de plenos, nun encontro no que participaron ademais concelleiros do grupo de goberno, do PP e de Marea Veciñal, e o delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro.
 
A conselleira confirmou importantes investimentos para o municipio, atendendo as demandas que en febreiro lle transmitiu o alcalde. Unha das actuacións principais radicará na creación dunha nova senda peonil entre o paseo do río Mero e o Camiño Inglés ao seu paso por Sigrás.
 
Serán máis de 2 quilómetros de senda, tamén adaptada para ciclistas, que permitirá a comunicación segura desde o paseo marítimo do Burgo, coa previsión municipal de seguir ampliando esta rede de corredores fluviais. Executarase en concreto desde a rúa Río Mero ata a zona verde do polígono de Alvedro.
 
Vázquez prevé que este mes de abril se conte xa co proxecto, que terá un orzamento de 700.000 euros. Sacristán confirmou que en canto o reciba acometeranse os trámites oportunos para obter os terreos e polos a disposición da Xunta.
 
Outra das actuacións en infraestruturas de gran relevancia será a renovación da AC-213 entre O Burgo e A Telva, moi esperada no Concello. Mellorarase tanto o firme como as beirarrúas, completándoas en puntos onde faltaban.
 
Tamén se reforzará o firme da AC-400 entre o quilómetro 0 e o 7 de Sigrás a Celas, en zonas puntuais deterioradas. E os mesmo na AC-523 en Ledoño, entre a autovía e a rotonda coa estrada provincial.
 
Este tres proxectos suman unha contía de 750.000 euros e saen hoxe a licitación no Diario Oficial de Galicia. A conselleira apuntou a verán para o inicio das obras.
 
Peticións do alcalde
 
Sacristán valorou o "esforzo importante" que supón a realización destas actuacións en Culleredo. Responden a "claras necesidades" para incrementar a seguridade viaria aos veciños.
 
Aproveitando a presenza da titular autonómica, o rexedor trasladoulle dúas novas peticións que Vázquez se comprometeu a estudar. Por unha banda, a creación dunha senda peonil na AC-400, de Sigrás a Celas, completando a xa existente no tramo do Casal.
 
E en segundo lugar, reiteroulle a necesidade de instalar unha pasarela peonil na AC-523 en Ledoño, na rotonda que regula o tráfico cara a Celas e Peiro. Con ela, o Concello quere propiciar un paso seguro aos veciños nunha estrada moi transitada na que xa ocorreron sinistros. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina