O Concello tramita investimentos de 1,5 millóns financiados polo FEDER

O Concello de Culleredo inicia por case 1,5 millóns de euros a contratación de varios proxectos baixo fondos FEDER e dentro do plan Culleredo Vivo. Trátase da renovación dos centros sociais de Sueiro e Sésamo, o proxecto de humanización en Vilaboa e a mellora da seguridade viaria na zona escolar urbana do municipio. Estes traballos están cofinanciados pola Unión Europea a través de Fondos FEDER. 
 
No caso de Sueiro, realizarase unha renovación do centro. Atendendo ás peticións dos usuarios, instalarase unha cuberta no exterior, na parte frontal do inmoble, para proporcionar un espazo protexido para o descanso e que os veciños poidan instalar alí mesas. Tamén se renovarán os aseos e realizarase un acondicionamento xeral da instalación. As zonas de actividades verán triplicada a súa superficie e serán tres as salas que se dedicarán a actividades. Os traballos contarán cun orzamento de 201.000 euros. 
 
No exterior, tamén levarán a cabo melloras. Instalarase un soportal na entrada, para protexer da choiva aos usuarios. O parque infantil trasladarase cara a un lateral e crearase un espazo con grellas para o lecer das veciñas e veciños. 
 
Por outra banda, no que respecta ao centro social de Sésamo, duplicarase a superficie da instalación, para que se poidan acoller varios tipos de actividades á vez sen problemas. Ademais, os veciños demandan maior espazo para o fondo bibliográfico de Moncho Valcarce. O centro terá un aspecto moderno e será funcional. Reservouse para esta intervención unha partida de 123.000 euros. 
 
No que respecta ao proxecto de rexeneración do centro de Vilaboa, o goberno local impulsará unha plataforma única, con zona 30, árbores, mobiliario e unha nova iluminación e semáforos. Contará cun orzamento de 985.000 euros. 
 
Por último, e no que incumbe á mellora da seguridade viaria na zona escolar urbana de Culleredo, as actuacións van encamiñadas para reforzar e mellorar as infraestruturas en materia de seguridade viaria. As zonas nas que se intervirá son a avenida de Ribados, Moncho Reboiras, avenida de Rutis, Vicente Risco, Condes de Andrade e Domingo Sierra. Realizarase por un importe total de 138.000 euros. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina