O Concello de Culleredo tiña que celebrar un Pleno ordinario hoxe, xoves 29 de abril, pero por problemas técnicos tivo que adiarse.
Os erros de funcionamento do sistema contratado facían imposible a celebración da sesión con total garantía. É a segunda vez que isto ocorre, xa que en febreiro tivo que pospoñerse por un motivo similar.
O alcalde, José Ramón Rioboo, ordeou aos servizos municipais para iniciar o expediente pertinente para a resolución do contrato coa empresa encargada do servizo. Non é admisible que o máximo órgano da corporación non se poida celebrar en dúas ocasións na hora convocada por un erro na aplicación, ao igual que os problemas experimentados co audio en outra sesión.
A plataforma determinada por parte da Secretaría Xeral para os plenos telemáticos foi Councilbox, tras analizar diversas posibilidades. A Secretaría Xeral resolveu que era a que cumpría cos requisitos legais necesarios, tales como a xeolocalización ou os sistemas para evitar fraudes de identidade.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER