O Concello de Culleredo desenvolverá a sesión ordinaria do pleno da corporación o xoves 27 de maio ás 13.30 horas. Poderase seguir pola canle municipal de YouTube. A orde do día é a seguinte:
1.- Aprobación, se procede, das actas das sesións de datas 25.03.2021 e 05.05.2021
2.- Proposta sobre aprobación da solicitude dunha subvención nominativa para o financiamento do mantemento xeral e reserva de prazas no Centro Ocupacional “A Escada” para o ano 2021.
3.- Previa ratificación da súa inclusión na orde do día, moción do grupo político do BNG relativa ao Porto da Coruña.
4.- Dación de conta de resolucións da Alcaldía e concellerías delegadas.
5.- Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local na sesión do 20.04.2021 relativo a proposta de deixar sen efecto as Bases xerais para a selección de persoal funcionario interino e persoal laboral temporal, mediante listas de substitución, aprobadas pola Xunta de Goberno Local en sesión do 20 de marzo de 2017 (BOP 05.04.2017) e aprobación das bases para a elaboración dunha lista de substitución de auxiliar administrativo/a no Concello de Culleredo (persoal funcionario interino).
6.- Dación de conta do acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local en sesión de 19.05.2021 relativo a proposta de aprobación da convocatoria e das bases da convocatoria para a selección dun/dunha técnico/a de turismo.
7.- Dación de conta de informes de reparo de Intervención.
8.- Dación de conta do escrito do grupo político PSdeG-PSOE relativo á modificación nas suplencias nas Comisións Informativas.
9.- Mocións urxentes.
10.- Rogos e preguntas
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER