O Concello de Culleredo abre o prazo de preinscrición para as actividades culturais e deportivas 2022-2023

O Concello de Culleredo abriu hoxe o prazo de preinscrición para as actividades culturais e deportivas 2022-2023. Será efectivo desde hoxe, 22 de agosto, e ata o 7 de setembro, por correo electrónico escolasmunicipais@culleredo.es. Do 1 ao 7 de setembro poderá facerse tamén de maneira presencial no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo.

Para participar neste programa terán prioridade as persoas empadroadas en Culleredo. O prezo trimestral xeneral por actividade é de 25 euros, e de 35 euros para persoas non empadroadas. Terán desconto os menores de 18 anos, maiores de 65, as persoas que dispoñan de Carné Xove, as que presenten unha discapacidade igual ou superior ao 33%, familia numerosa, membro da Oficina Municipal de Voluntariado, ser desempregado ou desempregada, entre outros. As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información no Edificio de Servizos Múltiples, na rúa Ramón Cabanillas, 14; no 981 665 597; en www.culleredo.es ou en escolasmunicipais@culleredo.es

As posibilidades para inscribirse son múltiples e variadas. No ámbito cultural, e para adultos: baile de salón, swing, óleo, inglés, guitarra, artesanía, xuntarte, informática, smart móbil, patchwork, foto ou confección. Para os nenos e nenas: debuxo e pintura, deseño de videoxogos, baile, baile urbano e guitarra.

No ámbito deportivo, e para adultos: ximnasia de mantemento, zumba, pilates, ximnasia +65 ou ioga. Para nenas e nenos: patinaxe, xadrez, ximnasia rítmica e karate.

Consulta toda a información no arquivo .pdf adxunto nesta nova, así como a lista de persoas preinscritas.

 

Vista previaAdjuntoTamaño
listado_exposicion_2022.pdf157.05 KB

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina