Presentado o cartel de actividades para adultos das bibliotecas de Vilaboa e O Burgo

Xa se presentou o cartel de actividades para adultos no curso 2018/2019.

Culleredo impulsa o Curso de Condución Segura

Culleredo impulsa o Curso de Condución Segura, destinado a mozos e mozas entre 18 e 35 anos e que dispoñan de carnet de conducir.

Relación de subvencións outorgadas durante o 2º trimestre do ano 2018

De conformidade co disposto no artigo 8.1.c) da Lei 19/2013, de 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, e no artigo 19.g) da Ordenanza municipal de transparencia, acceso á información e reutilización, faise pública a relación das subvencións concedidas do 01/04/2018 ao 30/06/2018.

O Club Natación Culleredo abre a tempada 2018/2019

Como o pasado inverno, o Club Natación Culleredo organiza nas instalacións do Complexo Deportivo de Acea de Ama a Escola de Natación de Inverno en colaboración co Concello de Culleredo. 

Comeza a tempada de natación 2018/2019 no Club Natación As Mariñas

O Club de Natación As Mariñas abre o período de inscricións para a vindeira tempada do seu curso de natación.

Culleredo ultima a contratación da cuberta do Parque das Brañas

O Concello de Culleredo converterá en parque cuberto o das Brañas. Situado na zona verde da rúa  Jorgue Guillén, configurarase como un espazo composto por dúas zonas de xogo. A construción da devandita cuberta responde as demandas dos usuarios do parque, xa que con este elemento podería facerse uso da zona de lecer durante a maior parte do ano.
 

A UDJ Almeiras celebrará un partido na conmemoración do XXX Aniversario da súa "tempada máxica"

O sábado 1 de setembro, ás 18:00 horas terá lugar, no campo de Os Loureiros, un encontro entre a UDJ Almeiras e a UDJ Almeiras Veteranos, conmemorando aquela "tempada do doblete". 

Programación das Escolas Municipais do Concello de Culleredo para o curso 2018-2019

No documento adxunto podedes consultar a programación completa para o curso 2018-2019 das Escolas Municipais do Concello de Culleredo. 

A preinscrición vai do 3-7 de setembro.

Culleredo aposta por previr o fracaso escolar e a integración dos escolares do municipio

A Concellería de Educación de Culleredo, á fronte da cal se atopa a edila Carmen Varela, quen leva anos proporcionando apoio e reforzo educativo a alumnado con problemas ou dificultades nos estudos. Trátase de fomentar o éxito escolar mellorando o rendemento e deste xeito contribuír a previr o fracaso escolar e lograr unha mellor integración.

 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina