O alcalde de Culleredo clama por “medidas urxentes” que eliminen as trabas legais para usar o superávit para investimentos

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, dirixirase ao Goberno do Estado para reclamar cambios na política de administracións  púbicas que eliminen as trabas que padecen agora os concellos e que lles abocan a unha retardación total do seu funcionamento.

 

O Concello de Culleredo promove o exercicio físico durante todo o ano a través do seu 'Verán movidiño'

Outro ano máis o Concello de Culleredo organiza o seu 'Verán  Movidiño', que comeza o luns 23 de xullo e termina o 30 de setembro e pretende promover o exercicio físico durante os  meses de verán, tanto de maneira individual como  grupal.
 

Campionato de España de Halterofilia

Fecha : 
21/07/2018 (Todo el día)
O Concello de Culleredo acollerá este sábado 21 de xullo a celebración dos Campionatos de España absolutos de halterofilia, tanto en categoría masculina como feminina. Uns 170 deportistas de primeiro nivel participarán na cita.
 
Será desde ás 8:15 horas en adiante, tanto pola mañá como pola tarde, no polideportivo municipal do Burgo. A entrada será gratuíta.
 
Poderanse ver campións olímpicos ou europeos. Os principais representantes españois deste deporte.

O campionato de España de Halterofilia chega a Culleredo

O Concello de Culleredo acollerá este sábado 21 de xullo a celebración dos Campionatos de España absolutos de halterofilia, tanto en categoría masculina como feminina. Uns 170 deportistas de primeiro nivel participarán na cita.
 
 

Obradoiros de arte para nenos a cargo de Luisa Valdés

Durante o mes de agosto o Concello de Culleredo organizará os obradoiros de arte 'Verán creativo' para nenos, que estarán impartidos pola artista Luisa Valdés.

O Concello encarga un estudo a enxeñeiros aeronáuticos sobre o Plan Director do Aeroporto

O Concello de Culleredo traballa nun estudo detallado da proposta de revisión do Plan Director do Aeroporto de Alvedro. O obxectivo é contar cun informe técnico rigoroso e pormenorizado que permita ao Concello formular as alegacións pertinentes para defender os intereses dos veciños.

Conferencia 'Para ya de jugar'

Fecha : 
19/07/2018 - 19:00
Este xoves, 19 de xullo, ás 19 horas o Edificio de Servizos Múltiples acollerá a conferencia '¡Para ya de jugar!' de AnhidaCoruña. 
 
Será unha charla orientada tanto a familias como a profesionais e para participar é necesario anotarse na seguinte ligazón ?? http://ow.ly/IRsX30kYwEP

Teatro: 'Tapóns que salvan vidas'

Fecha : 
18/07/2018 - 11:30
Biblioteca González Garcés do Burgo. 11.30 h:
 
Obradoiros creativos de verán.
 
Tapóns que salvan vidas, a cargo de “Teatro Buratini”.
 
A partir de 7 anos.
 
Inscrición na mesma semana na Biblioteca, en horario de 9.00 a 14.00, ou no teléfono 981665597.
 
 
 

Noite Branca en Culleredo

Fecha : 
13/07/2018 - 17:00
Culleredo celebra este venres, 13 de xullo, a súa Noite Branca, iniciativa do Concello de Culleredo e da Asociación de Comerciantes de Culleredo para incentivar a chegada de clientes ao comercio local. Un amplo programa de actividades e animación dinamizará as compras nos negocios, que ofrecerán os seus descontos ao público.
 
A Noite Branca desenvolverase no centro urbano do Burgo. Participarán máis de 50 negocios na contorna da praza de Europa, rúa Sanjurjo de Carricarte, rúa Hersa, avenida de Acea de Ama e avenida de Galicia, que abrirán as súas portas no horario especial pola noite.
 
Trátase da cifra máis elevada das últimas edicións da Noite Branca. “Temos un comercio variado e de calidade e queremos poñer o noso gran de area para promocionalo”, sinala o alcalde, José Ramón Rioboo.
 
O programa de animación do Concello comezará xa desde as 17.00 horas na praza de Europa, con iniciativas especialmente pensadas para os nenos. Ata as 19.00 horas funcionarán os inchables, haberá música ambiente e un taller de pompas. A esa hora terá lugar un espectáculo de burbullas xigantes. E ás 20.00 horas concluirán as actividades infantís na praza de Europa cunha festa da escuma.
 
A partir das 20.30 horas a actividade focalizarase nas rúas peonís Hersa e Sanjurjo de Carricarte. E o inicio traerá xa consigo a “ happy hour” ata as 21.30 horas, unha primeira hora da Noite  Branca onde haberá rebaixas especiais e sorpresas nos comercios. E nos locais de hostalería adheridos á iniciativa poderase degustar unha tapa especial.
 
A programación será variada. Desde as 20.30 horas comezarán os “escaparates máxicos” nos comercios, con números personalizados en cada un deles ata as 23.30 horas. Tamén haberá música ambiente e postos de flocos de millo de millo gratuítos para as persoas que compren na zona comercial ou acudan a un establecemento de hostalería, que recibirán vale para obtelas. Ás 21.00 horas terá lugar unha flashmob na rúa.
 
Ás 22.00 horas comezarán os espectáculos máis visuais. Actuará a LED Orquestra, grupo que unirá a  musicalidad con instrumentos luminosos. E terá lugar o White Hypnosis, número cun boomerang de luz branca feito con LED.
 
O alcalde de Culleredo anima aos veciños do municipio e comarca a acudir a Culleredo para descubrir o “traballo dedicado” dos comercios e negocios de hostalería. Ademais, coas múltiples actividades poderán gozar dunha noite ideal en familia.
 
 

O comercio de Culleredo celebra o venres a súa Noite Branca con descontos e multitude de actividades

Culleredo celebra este venres, 13 de xullo, a súa Noite Branca, iniciativa do Concello de Culleredo e da Asociación de Comerciantes de Culleredo para incentivar a chegada de clientes ao comercio local. Un amplo programa de actividades e animación dinamizará as compras nos negocios, que ofrecerán os seus descontos ao público.
 
 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina