Concerto de Pepe Piña

Fecha : 
14/07/2017 - 20:30

O Gran Feirón encherá Villa Melania de cativos o sábado e domingo

O sábado 8 e domingo 9 de xullo as cativas e cativos de Vilaboa e de toda a comarca teñen unha magnífica oportunidade para divertirse e aprender da man de todas as actividades que se organizan no Gran Feirón de Villa Melania.

O Concello inicia a remodelación do polideportivo de Vilaboa

O Concello de Culleredo acaba de comezar unha das súas principais actuacións para este verán: a remodelación do polideportivo municipal de Vilaboa, situado no recinto do CEIP Sofía Casanova. A instalación precisa dunha importante modernización xa que se foi deteriorando co paso dos anos e ese é precisamente o obxectivo do proxecto.

A praza da Igrexa acolle a primeira edición do VilaboaRock

O Concello de Culleredo, coa colaboración da Deputación da Coruña, organiza hoxe xoves, 6 de xullo, a primeiro edición do VilaboaRock. O festival celebrarase na praza da igrexa a partir das 21.30 horas. O cartel estará formado pola Banda del Camión, Riff Raff e Metal Tribute.

Sorteo de prazas para o campamento de verán da Deputación da Coruña

O Concello de Culleredo informa de que o sorteo das prazas para participar no campamento deportivo de verán da Deputación da Coruña terá lugar o luns 10 de xullo ás 10.00 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo (sala de vídeo).

Será un acto público.

Festival BurgoJazz

Fecha : 
30/06/2017 (Todo el día) - 03/07/2017 (Todo el día)
XVII BURGOJAZZ
Xardín Botánico do Burgo
 
VENRES 30 DE XUÑO 20:30h
Actuación de “Leira Catro” e “Las Lollipops”.
 
SÁBADO 1 DE XULLO 20:30h
Actuación de “Café Brasil Trío” e “TrieMs”.
 
DOMINGO 2 DE XULLO 20:30h
Actuación de “Mr. Cool - Felipe Castro” e “Rapazz”.
 
LUNS 3 DE XULLO 21:00h
Actuación de “O Sister”, co espectáculo Stomping in joy.

O Mercado Templario enchará o paseo do Burgo do venres ao luns

O Concello de Culleredo regresa ao pasado templario do Burgo (O Burgo de Faro) desde mañá venres 30 ata o domingo 2. O paseo marítimo volverá empaparse dun ambiente de época a través do Mercado Templario, que volve cuns 90 postos e unha infinidade de personaxes do Medievo.

O XVII Festival BurgoJazz será do venres 30 ao luns 3 no Burgo

O Concello de Culleredo volve traer o mellor jazz do panorama musical  e de forma gratuita no XVII Festival BurgoJazz. Será do 30 de xuño ao 3 de xullo no xardín botánico do Burgo.

Aberta a inscrición no obradoiro de kokedamas que organiza o Concello

O Concello de Culleredo pon á disposición dos seus veciños a posibilidade de aprender a facer plantas de formas creativas e sorprendentes a través dos obradoiros de kokedamas, que se realizarán durante a mañá do próximo mércores 12 de xullo no Centro Cívico de Fonteculler, entre as 10.30 e as 13.30 horas.

O Concello oferta no verán aulas de reforzo para primaria, ESO e FPB

O Concello de Culleredo aproveitará o verán para ofrecer clases públicas de reforzo escolar aos alumnos que o necesiten.Nestas Aulas de reforzo educativo trabállase o apoio educativo nas diferentes materias, a resolución de dúbidas, a preparación de probas e traballos académicos, e a impartición de actividades específicas de motivación ao estudo.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina