O Concello de Culleredo achega o teatro de primeiro nivel aos veciños e de forma totalmente gratuita. Este venres, 3 de xuño, o auditorio do Edificio de Servizos Múltiples será o escenario da obra "Perplexo", de Il Maquinario Teatro, galardoada con cinco Premios María Casares.
O Concello de Culleredo ten aberta a convocatoria para a solicitude de uso de instalacións deportivas para a tempada 2017 - 2018.
Os pequenos do Centro Rural Agrupado de Culleredo (CRA) estrearon hoxe o seu propio Museo de Historia, bautizado co nome de "MUCRA". Permanecerá aberto aos veciños desde o 30 de maio ata o 2 de xuño, en horario de 17:00 a 20:00. Está situado na Casa dos Caseiros de Vila Melania, Vilaboa.
O Concello de Culleredo implicou ás asociacións do municipio no desenvolvemento da súa estratexia de desenvolvemento urbano sustentable e integrado (DUSI), para que logrou o financiamento da Unión Europea. A través dos Consellos Sectoriais fóronse analizando as propostas e nun encontro celebrado no salón de plenos, o Consello Xeral de Participación Cidadá aprobou un total de 14 accións de diferente ámbito.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER