Culleredo organiza a Feira de Artesanía o 17 de maio con 83 postos e un programa de actuacións

O Concello de Culleredo celebra á súa Feira de Artesanía este martes, 17 de maio e Día das Letras Galegas, con 83 postos na praza Europa. Desde as 11:00 horas e ata as 20:00 horas, as e os asistentes poderán comprobar de primeira man como manufactureros e manufactureras locais e chegados de toda Galicia expoñen produtos feitos en coiro, vimbio ou vidro. Haberá durante a xornada actuacións musicais e espectáculos de maxia e teatro.

O grupo Alejandro Vargas Trío actuará no Burgojazz 2022 durante a xornada do sábado

O Concello de Culleredo confirma que Alejandro Vargas Trío formará parte do programa do  Burgojazz 2022 nunha edición que recuperará o seu formato tradicional

IX Carreira Pedestre Ría do Burgo

O Concello de Culleredo organiza, en colaboración coa Federación Galega de Atletismo e a Deputación da Coruña, a IX Carreira pola ría do Burgo, prevista para o domingo 15 de maio. A proba forma parte do VIII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña.
 

Lista provisional de persoas admitidas no curso de "Apoio á preparación das competencias clave 2022"

O Concello de Culleredo comunica a lista provisional de admitidos/as o curso de "Apoio á prepración das competencias clave 2022"

Pleno extraordinario con data 5 de maio de 2022

A corporación do Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 5 de maio, un Pleno extraordinario ás 10:00 horas, cun único punto a tratar: 

1.- Proposta sobre modificación da ordenanza fiscal número 3, reguladora do imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana. 

Pleno ordinario da Corporación con data 28 de abril de 2022

O Concello de Culleredo celebrará o xoves 28 de abril un Pleno ordinario da Corporación coa seguinte orde do día: 

Cursos de apoio para a preparación das competencias clave 2022

Dende o Servizo de Dinamización, Formación e Emprego da Concellería de desenvolvemento local, cultura, festas e turismo do Concello de Culleredo vanse levar a cabo accións de formación co obxecto de servir de apoio na preparación das competencias clave para acceder aos certificados de profesionalidade de nivel 2 de cualificación profesional para o emprego.

Mañá, 27 de abril, abre o prazo para asistir aos Campamentos Deportivos de Verán da Deputación da Coruña

A rapazada cullerdense poderá participar na primeira quenda que se desenvolverá do 26 de xuño ao 1 de xullo no IES Rosalía Mera da Coruña

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina