Culleredo realizará un novo obradoiro de emprego co Concello da Coruña tras clausurar hoxe o de rehabilitación da antiga Casa dos Peóns Camiñeiros

O Concello de Culleredo organizará desde setembro un novo obradoiro de emprego en conxunto co Concello da Coruña. A Xunta de Galicia acaba de conceder a realización da iniciativa, tal e como explicou o alcalde, José Ramón Rioboo, na clausura da anterior formación, tamén desenvolta coa cidade herculina.

Sesión ordinaria do Pleno da corporación con data 28 de xullo de 2022

O Concello de Culleredo celebrará mañá, xoves 28 de xullo e ás 13:30 horas, unha sesión ordinaria do Pleno da corporación. 

Pleno extraordinario do 26 de xullo de 2022

O Concello de Culleredo celebra o 26 de xullo de 2022 ás 10.00 horas a sesión extraordinaria do pleno. Podes seguila aquí

Un dispositivo especial de seguridade regulará as Festas do Burgo que comezan mañá

Regresan as festas patronais do Burgo comezan mañá, xoves 21 de xullo coa previsión de traer miles de persoas a Culleredo. Son un dos festexos referencia en Galicia, e os veciños espéranas con expectación. Combinarán as verbenas, cos postos ou as grandes atraccións.

25 anos do asasinato de Miguel Ángel Blanco

O Concello de Culleredo sumouse hoxe á homenaxe e recoñecemento ás vítimas do terrorismo proposta pola FEMP, Federación Española de Municipios e Provincias, coincidindo co 25º aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco.

En marcha as 'Mañás de campamento' impulsadas polo Concello e con máis de 300 inscritos e inscritas

Desde o pasado 27 de xuño, 320 nenas e nenos de Culleredo xa gozan do programa Mañás de campamento, impulsado polo Concello e co que se busca facilitar a conciliación, así como dinamizar espazos formativos para aprender dunha maneira sa nun período non lectivo como é o verán.

Un dispositivo especial de seguridade regulará unhas festas de Vilaboa que comezan este sábado

Vilaboa vivirá desde este sábado, día 9 de xullo, e ata o martes 12, unha ampla programación nas festas patronais que organiza a Comisión. Agárdase a afluencia de miles de persoas de Culleredo e arredores, polo que os festexos contarán cun dispositivo especial de seguridade da Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil.

Pepe Viyuela impartirá un curso de clown os días 13, 14 e 15 de setembro en Culleredo

O coñecido actor e pallaso Pepe Viyuela impartirá un curso presencial de clown en Culleredo os días 13, 14 e 15 de setembro. Será no Edificio de Servizos Múltiples en horario de 16:00 a 20:00 horas a primeira xornada, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas a segunda e de 10:00 a 14:00 horas a última.

Culleredo acollerá a III Carreira Nocturna COFC o 9 de xullo

A proba solidaria desenvolverase ao longo de 5 quilómetros no paseo marítimo do Burgo

A 'fiesta pagana' de Mägo de Oz en Culleredo congregou a 10.000 asistentes

O evento puxo o broche de ouro a unhas intensas xornadas culturais e lúdicas. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina