As familias do IES Rego de Trabe, coincidindo co inicio de curso, denuncian a falta de persoal coidador para o alumnado con necesidades especiais. A Xunta de Galicia concedeu onte unha nova persoa a media xornada, que aínda non se incorporou, e desde o centro afirman que “optimizarán os recursos cos que contan para este novo exercicio 2022-2023”, xa que un coidador é compartido co CEIP Vila de Rutis.
Continúan as reunións coas Asociacións de Veciños de Culleredo tras os encontros con representantes de Sésamo, Castelo e Río Trabe. Estas citas prolongaranse ata mañá, último día para presentar propostas ao orzamento 2023.
O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, e a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitaron esta mañá as obras en materia de infraestruturas que o Goberno está a realizar en Culleredo. Acudiron tamén o concelleiro de Obras local, Carlos Liñares; o xefe da Demarcación de Estradas, Ángel González del Río e o xefe de servizo da área de conservación de Estradas, Francisco Prego.
O goberno local comezou esta mañá unha rolda de consultas co tecido asociativo de Culleredo para coñecer de preto as súas necesidades, demandas e achegas para mellorar servizos e infraestruturas na devandita parroquia.
Un total de 320 nenas e nenos gozaron desde o pasado 27 de xuño do programa Mañás de campamento, impulsado polo Concello e co que se buscaba facilitar a conciliación, así como a dinamización dos espazos formativos para aprender dunha maneira sa nun período non lectivo como o é o verán.
O Concello de Culleredo adxudica novas actuacións dentro dos seus plans de mellora da rede viaria do municipio. Nesta ocasión acaba de contratar as obras para renovar viarias de Vinseira Pequena e de Castelo, respondendo as demandas dos residentes da súa contorna.
Culleredo acollerá este venres a estrea do proxecto Rock-Barock, un programa feito en Galicia por Wladimir Rosinskij e os seus colaboradores, principalmente músicos e músicas da Orquestra Sinfónica de Galicia, para recuperar e poñer en valor músicas antigas do barroco e músicas contemporáneas de compositores como Vivaldi, Santiago de Murcia e o propio Rosinskij, que estreará unha obra propia.
O Concello de Culleredo habilitará este xoves o itinerario alternativo de circulación de vehículos polas obras da glorieta de Vilaboa, que comezaron a semana pasada e enmarcados dentro do proxecto de maior envergadura do mandato, o de humanización da antiga N-550 e a súa contorna ao seu paso por este núcleo poboacional.
O Concello de Culleredo abrirá o día 2 de setembro o prazo de preinscrición para o programa municipal da Coral de Adultos do Conservatorio de Música, que se poderá facer efectiva do 2 ao 22 do mesmo mes. O número de prazas dispoñibles é de 45, que se cubrirán por estrita orde de inscrición. Terán prioridade as persoas empadroadas en Culleredo e está dirixida para as persoas maiores de 18 anos.
O Concello de Culleredo adxudicou a actuación de mellora viaria no núcleo de Laxe, parroquia de Rutis. Concretamente, renovaranse as vías VP-23 e VP-29, por un valor de 162.490 euros.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER