O Concello de Culleredo impulsa unha nova edición das súas ‘Xornadas Micolóxicas’, con clases teóricas e prácticas e cuxa principal novidade é o showcooking como actividade de clausura, que correrá a cargo de Julio Rodríguez Moscoso.
O Concello de Culleredo, a través da Oficina de Voluntariado e en colaboracióncoa ONG ‘Reis Magos de verdade’, promove un ano máis a campaña solidaria de Nadal dirixido a apelar á colaboración veciñal para que ningún neno e nena do municipio quede sen o seu xoguete de reis.
A Deputación da Coruña adxudicou por 1.754.588,69 euros os traballos de renovación, ensanche e saneamento da estrada provincial DP-0510 de Confurco a Orro, obra que se retomará de maneira inminente. As obras de saneamento serán asumidas polo Concello de Culleredo.
Consulta neste anuncio as persoas gañadoras do concurso 'Torneo Samaín láser tag' organizado polo CIPAX Culleredo.
Ledoño e a contorna do Val de Veiga terán un gran espazo cuberto para propiciar o desenvolvemento das actividades veciñais con independencia das condicións meteorolóxicas.
A corporación local do Concello de Culleredo celebrará un pleno ordinario o vindeiro xoves 27 de outubro de 2022, ás 13:30 horas, coa seguinte orde do día:
O Concello de Culleredo avanza na modernización da antiga Nacional 550, unha vez obtivo a súa cesión por parte do Estado, para convertela en avenida urbana. Ás obras que se están acometendo actualmente en Vilaboa, súmase a renovación da vía ao seu paso pola Corveira, que hoxe sae a licitación.
O Concello de Culleredo, a través do departamento de Promoción Económica, organizará para o Samaín unha xornada centrada no comercio local e actividades para os máis pequenos e pequenas.
O Concello de Culleredo incluirá unha partida de 226.108,62 euros nos orzamentos municipais 2023 para remodelar a estrada VP-501, que une o núcleo de Folgueira co Monte Xalo. Trátase do principal acceso á contorna.
Cursos de formación para o emprego dirixidos ás persoas traballadoras desempregadas.
Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...
Emisiones en directo y material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER