O Pleno da Deputación aproba o proxecto de mellora da seguridade viaria na DP-3109 e DP-1705 cun investimento de 364.028,28 euros

A Deputación da Coruña aprobou hoxe en Pleno o proxecto de mellora da seguridade viaria na DP-3109 e DP1705, onde se actuará nun total de 3.503,7 metros cadrados e abarcará un tramo de 215 metros de estrada provincial DP-3109, dos cales 140 metros forman parte da rúa do Concello e 75 metros da rúa José Ramallo; outros 99 metros corresponden á DP-1705 integramente na rúa do Concello. Contará cun investimento de 364.028,28 euros.

Licitado o proxecto de acondicionamento e mellora da seguridade viaria da DP-3104 o seu paso por Liñares

A Deputación da Coruña licitou o proxecto de acondicionamento e mellora da seguridade viaria da DP-3104 ao seu paso por Liñares, na contorna do aeroporto de Alvedro. Crearase unha senda peonil de aproximadamente 1,8 quilómetros, que partirá da antiga igrexa de Santo Estevo de Tarrío e terminará na intersección da DP-3104 coa antiga N-550. Contará cun orzamento de 522.692,67 euros. O prazo de presentación de ofertas remata o 24 de outubro.

Sesión ordinaria do Pleno da corporación con data 29 de setembro de 2022

O vindeiro xoves 29 de setembro celebrarase unha sesión ordinaria do Pleno da corporación, que terá lugar ás 13:30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. 

Culleredo retomará as súas 'Rutas Barítimas' do 10 ao 23 de outubro

Culleredo retomará as súas 'Rutas Barítimas' do 10 ata o 23 de outubro con votacións a través do móbil e premios por valor de 2.500 euros, para os locais de hostalería máis votado e para as persoas que participen. Daranse cita nas mesmas dous cociñeiros de prestixio, quen valorará as creacións. O prezo da tapa será de 1,90 euros.

O alcalde aborda coa veciñanza de Orro o plan de melloras para esta parroquia

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, mantivo unha reunión co presidente da Asociación de Veciños Orro Novo Orro Vello, Jaime Parcero Barbeito, coa finalidade de abordar asuntos de interese para a parroquia. O rexedor avanzou o próximo inicio das obras de ampliación da estrada provincial, tendo en conta que a Deputación da Coruña acaba de adxudicar a actuación esta mesma semana.

Rioboo da todo o seu apoio ás familias de Iria, Anxo e Noa e esixe á Xunta a contratación de persoal especializado

Esta mañá produciuse unha reunión no Concello de Culleredo entre o alcalde, José Ramón Rioboo; a concelleira de Educación, Jéssica Méndez; e as familias dos alumnos afectados polos recortes de persoal coidador para o curso 2022-2023. Mar Rodríguez, Susana Santamaría e María Mosquera estiveron acompañadas por María Roca, portavoz do AMPA do IES Rego de Trabe.

Pleno extraordinario da corporación con data 21 de setembro de 2022

O Pleno da corporación do Concello de Culleredo celebrará mañá, 21 de setembro, un pleno extraordinario. 

Culleredo estrea a Feira de Oportunidades da Deputación da Coruña

Culleredo estreou esta mañá a Feira de Oportunidades da Deputación da Coruña, a última das seis que impulsou o ente provincial e que estará hoxe e mañá en Praza Europa. Ao acto inaugural acudiu o alcalde e deputado provincial, José Ramón Rioboo Castro, xunto aos concelleiros e concelleiras Mario Iglesias, Abraham Seijas, Carlos Liñares, Penélope López, Marta Iglesias, Marta Figueroa e Miguel Suárez.

A praza Europa acollerá esta fin de semana a Feira de Oportunidades da Deputación da Coruña

Culleredo acollerá esta fin de semana a Feira de Oportunidades da Deputación da Coruña, a última das seis que impulsou o ente provincial e que estará o sábado 17 e o domingo 18 de setembro na praza Europa. 

Patrimonio autoriza o Concello de Culleredo a remodelación da Praza de Galicia

O Concello de Culleredo obtivo, tras meses de tramitación administrativa con Patrimonio, debido a que a contorna dos traballos de remodelación da Praza de Galicia atópase en área de influencia do Camiño Inglés, os pertinentes permisos para a licitación da obra, que espera ver a luz nas próximas semanas. Foise adaptando así, progresivamente, aos cambios que requiría o ente autonómico.

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina