O Concello de Culleredo impulsa a formación para persoas desempregadas no ámbito do marketing 2.0

O Concello de Culleredo tamén pon a disposición da veciñanza un curso en liña no ámbito do marketing 2.0 e para persoas desempregadas. Está dirixido ás veciñas e veciños de Culleredo, de 18 ou máis anos, en situación de desemprego e inscritos e inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia. Haberá 30 prazas dispoñibles. Como se trata da modalidade enliña, o alumnado deberá dispoñer de acceso a un dispositivo con conexión a Internet.

 

O Concello de Culleredo impulsa a formación en liña no ámbito do comercio electrónico para persoas desempregadas

O Concello de Culleredo pon en marcha un curso en liña sobre o comercio electrónico para as veciñas e veciños de 18 anos de idade ou máis, en situación de desemprego e inscritos/as no Servicio Público de Emprego de Galicia. Estarán dispoñibles un total de 30 prazas. 
 

O Concello persiste na súa aposta pola formación impartindo dous certificados de profesionalidade no ámbito sociosanitario

O Concello de Culleredo persiste na súa aposta pola formación impartindo dous certificados de profesionalidade na especialidade de “Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais", cunha duración de 478 horas cada un. As aulas deron comezo o pasado 24 de xaneiro no Centro Municipal de Formación e Emprego Pablo Picasso, onde participan 30 persoas, a maior parte en situación de desemprego.

Pleno da Corporación do 24 de febreiro de 2022

Este xoves, 24 de febreiro, o Concello de Culleredo celebrará unha sesión ordinaria do Pleno da corporación.

O Concello de Culleredo celebra un Pleno extraordinario con data 11 de febreiro

El Concello de Culleredo ha aprobado esta mañana la inclusión en el Plan Único provincial la mejora de la intersección de la antigua N-550 y la renovación de la vía Cruces, por una partida total de 527.964,77 euros.

 

Pleno extraordinario do Concello de Culleredo con data 11 de febreiro de 2022

O Concello de Culleredo celebrará mañá, 11 de febreriro de 2022, un pleno extraordinario coa seguinte orde do día: 

O proxecto de rexeneración urbana de Vilaboa incrementará as prazas de aparcadoiro

O Concello de Culleredo aclara que o proxecto de rexeneración urbana do centro de Vilaboa non suporá unha redución das prazas de aparcadoiro na avenida. De feito, incrementaranse.
 

Bandeiras a media hasta polo pasamento de dous mozos de Celas nun accidente de coche

Tráxica nova coa que espertamos este domingo 6 de febreiro. De madrugada perdían a vida na estrada dous mozos, naturais de Culleredo, da parroquia de Celas, tras un accidente de coche en Abegondo.

 

Parte do Paseo Marítimo permanecerá pechado ao tránsito por mor das obras de dragaxe da Ría do Burgo

Esta mañá, os operarios da empresa adxudicataria dos traballos de dragaxe da Ría do Burgo procederon ao corte parcial do Paseo Marítimo do Burgo, como consecuencia do inicio dos traballos. Facilitouse unha alternativa de circulación para minimizar as afeccións que esta situación poida ocasionar.

Participa nos orzamentos do Concello de Culleredo coas túas propostas

O Concello de Culleredo pon á túa disposición o enderezo participa@culleredo.es para que achegues as túas propostas para o exercicio 2022. 

Sede electrónica

Trámites en linea, tablón oficial, carpeta ciudadana...

 

Canal Culleredo

Emisiones en directo y material audiovisual.

 

Teléfonos de interés

  • Ayuntamiento981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información a las mujeres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociales de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociales de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Sí­guenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina